18 oct 2012

Solidariedade co compañeiro Pintos

Unhas 300 persoas déronse cita hoxe diante do edf da Xunta de Galicia nunha concentración contra a represión policial, e en solidariedade co compañeiro Pintos.

A mesma ven motivada polos feitos acontecidos na madrugada do 4 de outubro, despois dos altercados producidos nas inmediacións do hotel Almirante, lugar no que o P€P€ celebraba seu inicio de campaña, e na que dábanse cita no exterior do mesmo nunha protesta membros do Naval e de Poligal. Tivo lugar unha refrega da policía cos manifestantes, e na mesma foi detido o sindicalista Xesús A. López Pintos, o día seguinte e tras prestar declaración xudicial, este denunciaba a un membro da policía nacional por supostas agresións e torturas dentro do cuartel da Avda. de Vigo.

Tódolos sindicatos da comarca uníronse nesta concentración solidaria co compañeiro e cidadán supostamente torturado, e en contra de calquera exceso policial. Foi grato ver entre os asistentes a algún representante sindical da policía local, e o compañeiro Antolín Alcántara, recentemente condenado pola súa loita sindical. 
  


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: