27 nov 2012

Mañá terá lugar un Gran Debate sobre "Os Desafiuzamentos"

Mañá, no Salón de Actos do Real Coro Toxos e Froles, ás 20:30 horas, terá lugar unha mesa de Debate sobre "Os Desafiuzamentos", na mesma participarán varios xuíces, e noso compañeiro e gran activista social, Xesús Díaz. 
O debate é promovido polo programa radiofónico de OndaLocal FM, que será emitido nas ondas ás 00:00 horas do día 29 de novembro e repetido ás 09:00 horas. (Coruña 90.3 Ferrol 90.3 Santiago 102.5 Pontevedra 94.3 Vigo 94.4) 


Tamén haberá que estar atent@s ao interesante Pleno no Concello de Ferrol o xoves, día 29, no que se tratarán diversos puntos de interés, (o de menos que formacións políticas propoñen ditas mocións).

10.- Moción do grupo municipal XXX sobre a creación no Concello de Ferrol dun parque público de vivendas de aluguer social, complementado cunha bolsa de vivendas privadas de aluguer social e adopción de medidas contra os desafiuzamentos na nosa cidade.

11.- Moción do grupo municipal XXX en relación coa creación dunha comisión especial mixta co obxecto de deter os desafiuzamentos que se poidan producir no noso termo municipal e acordo complementario.

12.- Moción do grupo municipal XXX en relación coas vivendas sociais en Recimil. 13.- Moción do grupo municipal XXX sobre a creación dun centro de acollida e inclusión social na cidade de Ferrol.

15.- Moción do grupo municipal XXX para que se modifique a Lei Hipotecaria e adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: