7 nov 2012

O P€P€ de Ferrol MENTIU no referente ao desafiuzamento nas vivendas sindicais

O pasado 26 de outubro, lograbamos paralizar un desafiuzamento en Ferrol, supostamente o Concello faríase cargo cargo da débeda contraída de dez meses, pagaría tres de aluguer, prorrogables por outros tres máis, para dar tempo a que a parella que habita habita a vivenda cunha filla de 8 anos desen arranxado os papeis para cobrar o "Risgas".

Onte decatámonos de que o P€P€ MENTIU, soamente se fixo cargo dunha mensualidade, agora alega non ter diñeiro e di estar agardando que a Xunta lle arranxe a papeleta.

Colgáronse medallas, déronse golpes no peito e chuparon portadas de xornais. Agora terán que dar a cara e explicar á cidadanía porque menten. "En política non vale aparentar ser honestos; Hai que selos".

O dono do piso, Javier Paz, asegurou que recibira só o aboamento dunha mensualidade, polo que quedan aínda por saldar outras dez, que pronto volverán ser 11. En declaracións a un xornal di; "Eu parei o desafiuzamento cando me chamaron do Concello dicíndome que me pagarían eles, pero só déronme outubro", "Agora dinme que van solicitar da Xunta que corra con este gasto, pero eu non podo esperar, estou tamén nunha mala situación económica e séntoo de verdade", e advirte de que se no prazo dunha semana non se resolve a situación volverá presentar a demanda de desafiuzamento no xulgado.

A parella que corre perigo de ser botada da súa vivenda de aluguer, ten unha nena de 8 anos, esta padece unha enfermidade moi grave, está enferma dun ril, e require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. Pero iso ao P€P€ dalle o mesmo!!.

O propietario da vivenda deu bastantes oportunidades a esta familia, mesmo chegou a acompañalos a facer xestións administrativas que puidesen dar cunha solución ao problema, neste caso para esta persoa eran tres problemas acumulados, pois ademais de non percibir o diñeiro do aluguer se encontra en situación de desemprego, á parte de ser unha persoa que lle afectaba a situación dos seus inquilinos. Agora vese de novo na mesma situación que fai uns días,coas costas contra a parede e enganado polo P€P€.

Hoxe dende a "Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra", pediranse explicacións e unha solución para esta familia. 

Tereivos informados a tod@s do que se recolla na devandita conversa.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: