21 dic. 2012

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho, acusándoa de falsidade documental e trata de inmigrantes. Parece, que ser humanista, sentir, padecer, e ser solidarios coa comunidade inmigrante sen papeis é un delito.

Laura ten que declarar para o 16 de Xaneiro acusada destes delitos, para os cales se solicita pena de carcere.

Cumpre lembrar que esta compañeira gañou o “ Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humans 2011” en recoñecemento a unha vida adicada a loita polos dereitos do coletivo LGTB, loita sindical, defensa dos dereitos d@s inmigrantes, etc...

Para tentar evitar esta inxustiza estáse a solicitar a Firma solidaria coa compañeira Laura Bugalho, co fin de remitir as firmas ao Xulgado de Instrucción nº 1 de Compostela, pola desestimación e arquivo da causa nº DP 2123/09

Firma aquí a Petición dirigida ao Julgado de Instrucción nº 1 de Compostela 

Laura Bugalho leva dende 1993 realizando tarefas de asistencia ás persoas emigrantes. Só no ano 2008, o Foro Galego de Imigración calcula que a militante acompañou 620 persoas emigrantes ante o Negociado de Extrangería de la Subdelegación del Gobierno de Coruña.

Dese continxente, Laura Bugalho foi denunciada por catro emigrantes, dos cales tres se ratificaron finalmente nas súas palabras. Estas persoas denunciaron a Bugalho por facilitarlles documentación falsa que, segundo os propios emigrantes, eles terían empregado.

En Novembro de 2008, Bugalho denuncia unha mafia de roubo e extorsión a 57 marroquís. Non obstante, en 21 de marzo de 2009, no curso dunha acción das Panteras Rosa Galiza en Compostela, Bugalho é identificada e perseguida. É dende ese momento que se comeza a facer cada vez máis persistente o acoso policial á activista, ata o punto da súa vivenda ser asaltada en 19 de maio de 2009. Laura denuncia este feito á Garda Civil, a cal tarda unhas dúas horas en chegar á súa casa. O pretexto con que os Garda Civiles xustificaron o seu atraso foi o de "terse perdido".

O 20 de maio de 2009, Laura Bugalho realiza unha chamada ao presidente dun equipo de fútbol galego para esixirlle a regularización dos xogadores emigrantes e o pagamento de tres meses de salario debidos polo club. O empresario asegura que vai facelo, pero a activista queda con sospeitas da súa voz ter sido gravada, pois o teléfono soaba cun importante eco.

O día 21 de maio de 2009, Bugalho é avisada por policías nacionais de que a Policía Nacional da Comisaría de Compostela están a seguir os seus pasos por denunciar unha mafia vinculada á venda de tarxetas de residencia e a outra mafia vinculada ao deporte.

A militante infórmaos do asalto á súa casa, e eles non desmenten as sospeitas da autoría que ela lles traslada, quedando case confirmada a autoría policial. Os Policías de Coruña infórmanlle que veñen a por ela, que non teñen nada, Laura dilles que isto é toda unha . Nin unha semana despois, en 26 de maio, a súa oficina na CIG é asaltada por policías de Compostela que secuestran o seu ordenador. Laura estivo detida por 48 horas, sufrindo malos tratos nos calabozo da Comisaría. O Comisario Xefe diríxese a ela cun "por fin collinche, Laura,". Os policías hecen mofa da lingua galega e ameazan constantemente con que vai rematar en "Teixeiro". 

Irregularidades e malos tratos Cando Laura Bugalho pasa a disposición xudicial, tres persoas emigrantes acoden como testemuñas. Non obstante, estas persoas entran esposados nas dependencias xudiciais, aínda que a súa actitude sexa de camaradaría cos policías. Un dos policías indicáballes ás testemuñas "recordade o que onte acordamos, tedes que denunciar a Laura Bugalho". Esta cita coñécese grazas á presenza na Sala de Compañeiros de Laura que se sorprenden tanto da camaradaría coma da desenvoltura do Policía indicando o que as testemuñas deben dicir ante o Xuíz.

Do ordenador da militante foron extraidos os datos de 15 persoas emigrantes, que foron citadas sen orde xudicial e ameazadas con quedar sen papeis ou recibir ordes de expulsión. Tres das oito que asistiron, non lles foi permitido ler o seu propio testemuño e os obrigaron a asinalo. 


Operación Peregrino 

No caso da Operación Peregrino, na cal foi imputado El Omari Messaoud -membro do CITE-CCOO, hai 57 persoas emigrantes orixinarias de Marrocos que terían sido estafadas e que recorreron a Laura Bugalho. Estas persoas pagaron a cantidade de 10.000 euros, moitas veces resultado que as súas familias fosen hipotecadas, polo visto de entrada a España. Despois, acostumaban ser abandonadas mínimo un mes en Andalucía, ata que eran reclamadas para traballar no sector metalúrxico galego, acabando por cobrar 500 euros de salario, cando o Convenio do Metal establece un mínimo de 1100 euros netos, valor que aparecía reflectido nas súas nóminas e que eles terían que asinar para non sexan, por palabras dos afectados, "castigados". En moitos casos, as condicións en que estas persoas vivían eran verdadeiramente inhumanas, chegando a pasar as noites xunto as vacas na granxa do empresario. 

Na Operación Peregrino, hai catro empresarios galegos e tres persoas marroquís imputadas, unha delas en paradoiro descoñecido. As persoas magrebís que acudían á CIG a falar con Laura Bugalho manifestaban, pola súa banda, o temor a ser vistas por El Omari Messaoud, pois as instalacións do sindicato galego están ao lado das de CCOO. O propio El Omari acudiu á CIG para ameazar a activista. Case a totalidade das persoas estafadas afirmaron teñen medo de ser expulsados se denunciaban a mafia.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: