Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do PSOE, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do PSOE e Yolanda Díaz de AGE.
Os grupos parlamentarios de PSOE, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular.
Cumpre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención (achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outro tanto a Presidenta do Parlamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil.
Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta, na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.
ESCRITO-PRESENTACION-ILP-18-12-2012
ALEGATO FINAL
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario