Manifestación Unitaria, venres 28 de Decembro, ás 19:00 h. con saída da Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real e rematando na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal.Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.
Demandandamos:
A paralización dos desafiuzamentos
O recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social
A creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Reclamar o dereito a unha vivenda digna.
E denunciar o fraude hipotecario
A nivel local:
Un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia.
Censo de vivenda municipal, Xa !
Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
Blogue: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook: http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
Evento no facebook: http://www.facebook.com/events/572492036099900/
Baixar Cartaz da convocatoria: https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Wikio

No hay comentarios:
Publicar un comentario