28 dic 2012

"Nin Casas sen Xente, Nin Gente sen Casas"

Unhas 500 persoas manifestáronse hoxe polas rúas de Ferrol, á vez que noutras cidades e vilas de Galicia, baixo o lema "CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO". A mesma foi convocada pola Rede de Apoio mutuo - STOP Desafiuzamentos Ferrol Terra, coa colaboración de tódolos sindicatos da cidade.

Os asistentes en Ferrol, portaban as fotos dos 13 membros do DESgoberno do P€P€, acusándoos de virar as costas a este problema social xerado pola banca e os mercados, sin que tampouco os políticos dean acadado unha saída a crise que poda xerar empregos. 

A pancarta co lema "Nin Casas sen Xente, Nin Gente sen Casas", quería evidenciar que en Ferrol hai centos de vivendas baleiras en poder do IGVS, e mesmo de Propiedade Municipal. 

Ao final da manifestación deuse lectura ao Manifesto e posteriormente abriuse o micrófono a quen se quixera expresar.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: