9 dic 2012

O P€P€ da as costas @s traballadores/as do Parador

Na movilización unitaria deste pasado venres deronse cita todas as forzas sindicais, así como membros de Anova, BNG, CxG, EU, FORXA e PSOE. O gran ausente, como é habitual, foi a representación do DESGOBERNO municipal do P€P€. Logo din aque lles preocupa o desemprego de Ferrol, xa terán no caixón algunha aposta dalgún amigacho para privatizalo.

Isto supondrá o despedimento de 85 persoas en Galicia (dun total de 450 empregados indefinidos), co peche definitivo dos establecementos de Ferrol e Verín e o parcial, de 5 meses ao ano, nos de Tui, Vilalba, Monforte e Santo Estevo. Isto obrigará a 119 traballadores destes centros a pasar os seus contratos de indefinidos a fixos descontinuos, coas repercusións que esa modificación ten para os seus ingresos e cotizacións.

Para asinar contra o peche podedes mandar voso nome, apelidos e DNI ao seguinte enderezo  electrónico:  ferrol@parador.es 

Máis info detallada en : http://praza.com/movementos-sociais/2950/os-traballadores-dos-paradores-continuan-a-sua-folga-e-denuncian-a-inhibicion-da-xunta/


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: