19 dic 2012

O P€P€ frotase as mans co desmantelamento do Parador

A manifestación foi secundada por tódolos partidos de esquerda e sindicatos da cidade. Como noutras ocasións, non houbo ningún representante do Desgoberno municipal.

Neste momento, no que periga a permanencia do Parador e dos preto de 30 postos de traballo, é cando se ven as intencións por parte do P€P€, do desmantelamento deste e a súa posterior venda a un empresario "simpatizante", que vai facer o negocio da súa vida por "catro perras". 

Hai que dar un cero rotundo á poboación de Ferrol Centro, así como á merda de Asociación veciñal que teñen, iso en vez dunha Asociación implicada socialmente cos problemas do barrio é o "chiringo" de comadrexas e confrades, están a ver como Ferrol se desmantela e cae por todas as súas esquinas, e seguen tocándose........ Igual estaban ocupad@s montando o Belén. 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: