13 feb. 2013

A Delegación da UE di que Reganosa e a Ría ulen mal


Hoxe unha Delegación da UE, realizou unha visita programada á Ría Ferrol, o motivo era ver "in situ" a ilegal  e perigosa, planta de gas, REGANOSA.

Esta visita responde á Petición 1322/2007 - denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro do 2007

ACLARAR
Esto a pesar de que algún "enterado" falara nos medios fai uns días, dicindo que a Delegación da UE viña polo problema dos traballadores/as do mar (E non o dixo precisamente deste xeito, atreveuse a chamar mentirosa a unha persoa). Efectivamente existe unha denuncia na UE d@s traballadores/as do mar, denuncia interposta o pasado ano 2012.
Que ninguén o esqueza, que a loita d@s traballadores/as do mar é a nosa loita.


A VISITA
Aproveitando esta visita, a Delegación da UE, recibiu ás confrarías de mariscadores durante algo máis de media hora. A continuación un autobús trasladou toda a comitiva ás inmediacións de Reganosa. Alí realizaron unha intervención Luz Mariña, Lalán, Humberto e Bastida. 

A seguinte parada realizámola na Enseada da Gándara, onde puideron ulir máis que ver o estado da ría e os seus desaugadoiros, aparte de recibir información por parte das cofrarías.

E volta para o hotel, onde tivo lugar unha xuntanza sen medios de comunicación.

O RESUMO é que alucinou toda a delegación, incluída a mandada pola Xunta de Galicia, coa única argumentación e disculpa de que "están traballando nelo".




NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ CIDADÁN.
O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa.

Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría. Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades. Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007.

Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, poidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguridade, da planta de gas de Reganosa.

Lembrar que unha representación do CCE -en Novembro de 2001- desprazouse a Bruxelas para denunciar o Proxecto de Reganosa diante a Dirección Xeral do Medio Ambiente da Comisión Europea e mantivo entrevistas con membros do Parlamento Europeo. Os representantes do CCE na xuntanza coa Delegación do Parlamento Europeo, demandarán o cese da actividade da planta de gas, logo que, en maio de 2012, o Tribunal Supremo en sentencia inapelábel, anulara a Modificación do Plan sobre a que se sustentaba a construcción da planta de gas.

Comunicarán tamen a esta Comisión, que Reganosa, a maiores de ser unha instalacion ilegal e perigosa, nos custa a cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano. O proceso de regasificación do gas natural acelera a destrución da Ria, ao esterilizar centos de miles de toneladas da súa auga. A perdida de productividade expulsa e condea ao paro aos mariscadores da Ria.

Unha instalación innecesaria, pois os gasodutos que subministraban o gas a Galicia, desde o 2007, manteñen pechada a entrada de gas, cando teñen a capacidade suficiente para subministrar aos ciclos e para uso doméstico e industrial.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: