2 feb 2013

Concentración diante da sede do P€P€ de Ferrol.

Pasadas as 21:00 h, e de forma espontanea, formábase unha concentración diante da sede do P€P€ de Ferrol.

Estes cidadáns concentráronse nun acto de repulsa contra a corrupción, a raíz dos novos datos do escándalo Bárcenas, segundo sinalan os informes publicados por "El País", que sinalan directamente a toda a cúpula do P€P€ e ao seu máximo dirixente o Presidente do DESoberno Mariano Rajoy.

Todo celebrado nun ambiente festivo, pero de indignación, tal cal un "FLASHMOB" improvisado de "Cantando baixo a chuvia", os manifestantes corearon xuntos frases como:;

AQUÍ ESTÁ, A COVA DE ALÍ BABÁ !!
RAJOY DIMISIÓN!!
NON NON NON, A PRIVATIZACIÓN!!
 
A PENA FOI QUE NON ESTIVESEN OS REPRESENTANTES LOCAIS DO P€P€ DE FERROL, O RARO SERÍA COLLELOS TRABALLANDO!
 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: