12 mar 2013

BANCO DE ALIMENTOS DE EMERXENCIA SOCIAL

En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrolterra, quere facer un chamamento de emerxencia.

Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.

Necesítanse con urxencia calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxen, tipo; lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc.. productos de hixiene, roupa etc.  

Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497


Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son:

Asociación Lazos Pro-Solidariedade 
Enderezo: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol 
Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00

Asociación Cultural "Fuco Buxán" 
Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol 
Horario: Mércores de 11:30 a 13:00

Tenda de Troco de Roupa Infantil (Coop. Armeria) 
Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza 
Horario: Lúns, Mercores e Venres de 11:00 a 13:00 
Lúns, Mercores e Xoves de 17:00 a 20:00

Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" 

Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol Horario: Chamando previamente por teléfono ao coordenador (André) 605 455 340.

Esquerda Unida Ferrol 
Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda 
Horario: Mércores de 18:00 a 20:00


Colectivo Socio Cultural Andaravia 
Enderezo: Rúa do Sol 111, Ferrol 
Horario: Lúns, Martes e Mércores de 10:00 a 13:00 

Asociación Socio Cultural Muíño do Vento-Canido 
Enderezo: Rúa Máximo Ramos 3-5, Canido. 
Horario: Xoves ás 18:00

PSdG-PSOE 
Enderezo: Rúa Pardo Baixo nº 6 
Horario: Xoves de 18:00 a 20:00

AVISO!!!!

Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntaran 4.000 e que necesitaban 1.000 máis. 

Desde Stop-Desafiuzamentos queremos facer público, para xeral coñecemento que en ningún momento Stop-Desafiuzamentos está pedindo diñeiro, nin polas casas, nin pola rúa. 

Toda a actividade que desenvolvemos é con traballo voluntario non remunerado. E que se algunha vez necesitamos diñeiro para desenvolver algunha actividade, son as entidades sociais, culturais, veciñais, ... que participan no Encontro Social de Ferrol Terra as que contribúen economicamente.

Calquera que teña coñecimento disto co poña en coñecemento da Policía Nacional 

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Evento no Facebook: http://www.facebook.com/events/150067935156137/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: