1 may 2013

1º de maio en Ferrol, "Separad@s pero revolt@s"

Esta mañá 2 manifestacións percorreron as rúas de Ferrol, unha convocada por CC.OO, UGT, USTG, e a outra convocada pola CIG. 

O sindicato nacionalista reprochou que non se chegara a un acordo para realizar todo nunha, debido ás reticencias pola outra parte de fixar unha data para a realización dunha Folga Xeral Local.

Despois de participar en ambas as dúas, e de recoller distintas impresións sobre o terreo, non creo que a folga proposta pola CIG tarde moito en levarse a cabo. Ese 32% de desemprego pesa moito nas conciencias. 

O sentir dos cidadáns, é o de en ocasións pasadas, queren que se dea esa ansiada converxencia de loita social. Resulta curioso ver que cada vez é maior a cantidade de compañeir@s que reparten o tempo para poder asistir a ambas as dúas mobilizacións 
Manifestación de CC.OO, UGT, USTG 
 
 
Manifestación da CIG 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: