27 may 2013

Concentración polo aborto libre e gratuito

Esta tarde tivo lugar na Praza de Armas de Ferrol, un acto enmarcado na campaña que o BNG está a desenvolver  baixo o lema “O noso corpo, a nosa decisión. Aborto libre e gratuíto”, na defensa do dereito que historicamente as mulleres conquistaron e a exixencia de que as mulleres que o así decidiren poidan realizalos en condicións dignas e cunhas garantías sanitarias óptimas.

O mal tempo e o tardío do acto non sirveu de moita axuda para acadar unha boa asistencia.

Na concentración lanzáronse cánticos contra a Conferencia Episcopal, e berros como; "Nosoutras Parimos, Nosoutras Decidimos"!!! 

Máis tarde se deu lectura ao Manifesto, no cal o BNG se compromete a estar presente en todas as mobilizacións que realice o movemento feminista para parar esta nova agresión contra os dereitos das mulleres. 


Tamén se fixo un chamamento a mobilización nacional prevista para o domingo, 16 de xuño.


Máis info



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: