30 may 2013

Non hai un sen dous, "Pleno" do P€P€.

Traballadores/as do naval, Plataforma contra o malgasto na Praza de España, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma contra a lei do aborto, afectad@s polas preferentes, etc.. impediron que se realizase o Pleno de hoxe no Concello de Ferrol.

Supostamente, hoxe entraría en funcionamento o torno que impediría a libre entrada ao Concello, obrigando a todas as persoas que accederan ao edificio a identificarse. Deste xeito aplicarían a nova normativa municipal imposta polo P€P€, de limitar o aforamento de acceso ao salón de plenos.

Ao non se cumprir estas previsións, e unha vez xa se encontraban dentro moitos colectivos, o desgoberno municipal deu orde á policía local de impedir o libre acceso, pechando as portas nos narices do traballadores/as do naval. A porta soamente se abría para a prensa ou para os concelleiros. Aproveitando un descoido, varias persoas empurraron a porta e lograron coarse para dentro, pero a gran maioría seguía forcexando ás portas con dous policías que a custodiaban. Foi nese intre, cando un mozo que pasara anteriormente, volveu sobre os seus pasos e querendo axudar aos seus compañeir@s do exterior, zarandeou os dous policías, producíndose a rotura dun dos cristais, resultando un axente ferido cun corte nunha man.

Deste xeito producíase a avalancha humana que enchía por completo o Manifestódromo do P€P€.

Berros de:
“O amigo de Marcial, afunde ao naval”, “Nin xente sen casas, nin casas sen xente”, “Ao naval, DIQUE si”, “Alcalde dimisión”, “Ilegalizar o partido popular”, e outras consignas en contra do Desgoberno foron as únicas voces que se escoitaron.

Sinto de veras non poder poñer voces á indignación no pleno, tiña ganas de escoitar a intervención dos meus compañeiros. Así como lamento a agresión ao axente local, e que este sufrise a ira de quen padece a merda e sarta de mentiras de Rei Varela e do amigo do NARCO.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: