22 may 2013

Resumo da concentración en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil

A concentración realizada hoxe na Praza de Armas, en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil, salvouse grazas á presenza de membros de Stop Desahucios, e diversos partidos políticos, á parte tamén contou cunha gran cobertura dos medios de comunicación. 

A resposta por parte dos afectad@s foi case nula, apenas unha ducia deles. Ao final eran persoas do tecido asociativo de Ferrol as que portaban os carteis en demanda das vivendas. Creo sinceramente que esta imaxe confunde, e non é a que ten que percibir a cidadanía. 

Pensei que Stop Desahucios colaboraría coas 114 persoas afectad@s, orientándoos e ayudándolos a que camiñasen sós, iso si, contando co apoio desta plataforma. Isto a día de hoxe dista moito da realidade, e parece estar lonxe o conseguir que esta xente se mobilice polos seus dereitos. Non sei si o que falla son as canles de comunicación cos afectad@s....  aínda que parece máis ser obra do P€P€, que  vai un paso por diante e estivo a realizar promesas ás persoas da lista para desmobilizalas.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: