16 ago. 2013

"151 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 151 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 151 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).

CONCENTRACIÓN: 
Mañá Sábado, 17 de agosto, ás 20:00 hs. no Peirao de Curuxeiras.

Características do buque: Nome.- LNG Rivers, Bandeira .- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48.2 m, Calado.- 12.3 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.231 m3

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: