12 ago 2013

"Homenaxe a Moncho Reboiras"

Hoxe, e convocado pola UPG, terá lugar a "Homenaxe a Moncho Reboiras" que conmemora o 38 aniversario do seu asasinato pola policía armada franquista, daquela Moncho Reboiras tiña  tan só 25 anos de idade. 

O acto iniciase ás 19:00 h. cunha concentración na Praza de Armas, para marchar logo ata o número 27 da rúa da Terra, lugar onde foi asasinado, alí efectuarse unha ofrenda floral.

A continuación no Cantón de Molíns terá lugar un acto político coas intervencións de Mercedes Tobío, concelleira do BNG en Ferrol, Xacobe García Souto, secretario xeral da Unión dá Mocidade Galega, e Néstor Rego, secretario xeral da UPG, e membro da Executiva Nacional do BNG.

«A súa morte foi a expresión máis crúa dá represión sobre esta organización política, que naqueles días padeceu innumerables detencións, encadeamentos, torturas, e exilio de gran parte dos seus e das súas militantes»

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: