3 sept. 2013

"153 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 153 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 153 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).

CONCENTRACIÓN: 
HOXE martes, 3 de setembro, ás 20:00 hs. na Praza do Inferniño .

Características do buque: Nome.- Arctic Aurora, Bandeira.- Islas Marshall, Eslora.- 288 m, Manga.- 44 m, Puntal.- 19.70 m, Calado.- 11.60 m, Capacidade.- 155.000 m³ de GNL.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: