16 oct. 2013

Machada visual na ría de Ferrol

Reganosa inica o pintado dos tanques de GNL. Segundo declaran fontes da empresa, faise co fin de "mellorar a integración paisaxística".

As cores elexidas para esta machada visual serán: ocre (pola merda que solta á ría), o granate (polo que nos sangran), o azul (polo P€P€), e o verde (polo que nos roubaron da paisaxe).

Máis valeríalles pintala de amarelo fluorescente, desta forma faríana visible para os avións que a sobrevoan todos os días con dirección á pista de aterraxe do aeroporto de Alvedro.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: