23 oct 2013

Manifestación do Sindicato de Estudantes celebrada hoxe en Ferrol

Manifestación do Sindicato de Estudantes celebrada hoxe en Ferrol, contra as políticas en des-educación e ensino discriminatorio, que aplica taxas universitarias únicamente alcanzables para familias con alto poder adquisitivo, sobe o listón para o acceso a becas, e impón a lei LOMCE, escrita para o beneplácito da igrexa máis inquisitorial.

Despois de falar o representante sindical estudantil, tomou a palabra Xaquín García Sinde, da Comisión Executiva dos Estaleiros Navantia CCOO Ferrol, que comunicou que os traballadores dos estaleiros sumaranse mañá á manifestación convocada por alumnos, profesorado e pais de alumnos.

Ferrol irá por diante ao resto de cidades galegas, sendo a única na que a manifestación se realizará de forma unitaria, que tomen boa nota os dirixentes sindicais e políticos galegos, non se pode tratar de abandeirar canta loita social prodúcese, estes deben servir ás demandas dos cidadáns, aos cales desorienta e lles presta un gran malestar estas actitudes.

Segundo datos facilitados polo Sindicato de Estudantes, máis de 1.900 institutos de ensino media pararon as clases nunha porcentaxe próxima ao 90%. A folga é masiva en Madrid, Andalucía, País Valencíà, Extremadura, Aragón, Asturias, Galicia, con porcentaxes de seguimento que oscilan entre o 80% e o 95%. Noutros territorios como Catalunya, Rioja, Murcia, Castela-León, Castela-A Mancha, Canarias, a folga está a ter un respaldo superior ao 75%




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.