7 ene 2014

Traballos en busca dos desaparecidos en Meiras.

O helicóptero de rescate Pesca II estivo a realizar todo o día labores de busca dos desaparecidos, polo momento sen obter resultados positivos. Malia remitir o forte temporal, o mar segue golpeando con forza a costa, creando á vez unha capa grosa de escuma que fai case imposible distinguir nada que poida flotar.

Parecía que as rebaixas eran no faro da Frouxeira, malia estar cortado o acceso a este, centos de coches omitiron o aviso. 

Morbo ou curiosidade?... A saber




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: