18 feb. 2014

Asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

Da recentemente conformada, Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas de Ferrolterra (PAH Ferrolterra) chégame este chamamento a unha asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

A mesma terá lugar este xoves, 20 de febreiro, ás 18:30 h. no Centro Cultural Carvalho Calero, (Inferniño).






MANIFESTO


NIN UN RECORTE MÁIS

FORA OS GOBERNOS DA TROIKA

PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS

En 2014 encontrámonos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a cidadanía e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras encóntranse sen emprego. Ter unhas mans para traballar; ter unha carreira rematada; dispoñer da túa capacidade tanto manual coma intelectual e non encontrar un traballo digno é humillante. Estase a desperdiciar o talento colectivo dunha sociedade, hipotecando indefinidamente o seu futuro. Os traballadores e traballadoras non merecen este atropelo á nosa dignidade colectiva.

Centos de miles de familias perderon a súa casa. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos. Banqueiros aos que os estados servos da Troika alimentan a custa de empobrecer aínda máis á clase traballadora e ás persoas máis indefensas.

Mentres, a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta as roscas á baixas dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego. Traballadores e traballadoras que, ante a difícil situación, non poden nin sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/ás polo capital. O sistema intenta obrigarnos a mostrar agradecemento aos empresarios, convertidos polo sistema en benfeitores da sociedade. É hora de repartir o traballo e a riqueza, e que as persoas traballadoras poidan sentirse donas do seu futuro.

A nosa xuventude non ten posibilidade de forxar un proxecto de vida digno coas actuais políticas e vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro como antes fixeron os nosos pais e avós. Dicimos non a un sistema patriarcal que nos arrastra a épocas do pasado, quitándonos o dereito a decidir sobre os nosos corpos, negándonos a capacidade para decidir sobre se queremos ou non ser nais, provocando a volta aos fogares para dedicarnos á crianza.

Estamos a sufrir as políticas executadas polo goberno do PP ao ditado da Troika (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Comisión Europea), consistentes no roubo de dereitos e o empobrecemento xeneralizado da maioría social. Estas políticas que se fundamentan no pagamento dunha Débeda ilexítima que non contraeron os cidadáns e cidadás, son produto da especulación bancaria e os excesos dos distintos gobernos. Privatizan o rendible mentres nos recortan o presuposto en saúde, educación, dependencia, transportes públicos, auga, enerxía, comunicacións, servizos sociais, etc.., o que redunda negativamente nos nosos dereitos cidadáns. Rin dos nosos maiores que sofren unha enorme perda do seu poder adquisitivo, mentres ven como os seus aforros de toda a vida están secuestrados pola estafa bancaria das preferentes e outros produtos financeiros delituosos.

O goberno do PSOE, co apoio do PP, modificou o artigo 135 da Constitución para que se priorice o pagamento da débeda fronte aos dereitos e necesidades das persoas. Xustificárono dicindo que viviramos por enriba das nosas posibilidades e que había que ser austeros e, polo tanto, era imperativo recortar o déficit. Non obstante, non houbo ningún recorte á hora de inxectar decenas de miles de millóns de euros para salvar os bancos e especuladores. Están a aproveitar a crise para recortar dereitos. Estas políticas de recortes están a causar sufrimento, pobreza, fame e mesmo mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo grandes beneficios a custa das nosas vidas. Porque nos roubaron a liberdade. Ao capitalismo sóbranlle as liberdades e os dereitos da maioría social. É un sistema que busca exclusivamente o beneficio privado duns poucos e que nos leva inexorablemente a unha catástrofe ambiental e social de alcance incalculable.

Para a maioría social esta crise-estafa está a significar un xigantesco drama humano. Non obstante, para unha insignificante minoría supón un gran negocio. E cando se protesta, sempre obtemos a mesma resposta: a represión e criminalización do sindicalismo de clase e dos movementos sociais. É un sistema que necesita a represión para manterse e que debe ser superado coa loita na rúa.

A descomposición do réxime xurdido da Constitución do 78 faise evidente debido aos mesmos elementos presentes no seu nacemento, o cal tivo lugar en contra do pobo, está corroído pola corrupción e non ten ningunha lexitimidade. Os dereitos e liberdades fóronnos roubados para favorecer os intereses dunha minoría e asegurar os seus beneficios, os mesmos que nos levaron a este estado de excepción social, a base de desmantelar a educación e a sanidade públicas, de reducir drasticamente as pensións dos nosos maiores, de apoderarse das nosas vivendas e de pechar empresas, e despedir miles de traballadoras e traballadores. Os distintos Gobernos sitúanse fóra da legalidade, converten en negocio os dereitos que tanto custaron conquistar e sustentan a corrupción, un feito xeneralizado pero non independente do sistema económico, que forma parte da estrutura mesma desta sociedade e é indispensable para o seu desenvolvemento. Tanto os corruptores coma os que se deixan corromper forman parte deste sistema inxusto de produción e distribución da riqueza.

Chamamos os pobos a que exerzan a súa soberanía, alzando a súa voz de abaixo arriba, democraticamente, para construír un proceso constituínte que garanta realmente as liberdades democráticas, o dereito a decidir e os dereitos fundamentais das persoas. Dende a MARCHA DA DIGNIDADE 22 M, consideramos que é importante articular unha mobilización unitaria, masiva e contundente contra as políticas que atentan contra os dereitos humanos e a xustiza social.

Unha mobilización contra o pagamento da débeda, polo emprego digno, pola renda básica, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contra os recortes, a represión e a corrupción, por unha sociedade de homes e mulleres libres, unha mobilización contra un sistema, un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Esiximos, polo tanto, que se vaian. Que se vaia o Goberno do PP e, tamén, todos os gobernos que recortan dereitos sociais básicos, todos os gobernos que colaboran coas políticas da Troika. Por iso facemos un chamamento a encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado español, Madrid, o 22 de Marzo. Ese día chegaremos columnas de todas as latitudes da Península a Madrid e convocamos os madrileños e madrileñas a saír á rúa e incorporarse a esa gran mobilización da maioría social.


PAN, TRABALLO E TEITO

Á RÚA!!, QUE XA É HORA

Fonte: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

http://marchasdeladignidad.org/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Agardemos que non ande o CES-Party metido polo medio

Afiliada de EU dijo...

Suso, viste como a Célula e os Buxanos inténtanse apropiar desta reivindicación social?

Tiveron unha Asemblea en Caranza, na cal intentaban conformar o que denominaron Columna Caranceira jajajaja.. son de risa.


A Matriarca vai querer facer unha cazarolada jajajajjaja

Anónimo dijo...

Quen esta permitindo que os Ces-party-Fucos-Buxanos controlen e manipulen a E.U de Ferrolterra.E indecente.Ai topas,topiños e topazos....Afiliado de EU.

Afiliado a EU dijo...

Parece que a incapaz da esquerda ferrolana vai deixar que a Troika da Fuco-Buxán, CES-Party e os EUmesumoatodo, facerse coa "chave" para figurar e controlar outro dos caixóns desastre que xurden como cogumelos e estan á moda, xa que se enchen de anti-sindicalismo e calquera outra ideia fácil e que cheire a "alternativa" e sexa efectista, non lles pidamos mais...

Anónimo dijo...

Afiliados a E.U.O tema é moi serio.Temos que retomar o control da Agrupación de Ferrolterra, deixando o marxe ós desleais,os topos/topas,e os que dan ordes dende a mediocridade.Cun par!Adiante.Afiliado de E.U.fERROLTERRA.