CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA LUISA JIMÉNEZ JIMÉNEZ
María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
O MÉRCORES 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios:
Publicar un comentario