25 mar 2014

A Plataforma Sarriana polo río, desaloxada pola da garda civil e antidisturbios

Despois de trinta días de acampada e loita, a Plataforma Sarriana polo río foi desaloxada poa garda civil e antidisturbios. Unha vez comenzada a tala das árbores, por parte da empresa contratada, o Xulgado de Sarria ordenou a paralización destes traballos, durante tres días. @s veciñ@s levaron as súas protestas ata o Concello.


Máis información: 
http://adega.info/web/novas.php?id=143&idioma=gl&sec=209
http://galicia24horas.es/2014/03/la-guardia-civil-desaloja-a-los-acampados-en-sarria-desde-hace-un-mes/

MOTIVOS PRINCIPAIS POLOS QUE A PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO NON PODE ESTAR A FAVOR DO PROXECTO DE ENCANAMENTO QUE SE ESTÁ A EXECUTAR:

1.-Non aborda as causas das enchentas de forma integral. Desenvolvendo este punto: non se atacan nin se corrixen os motivos estructurais que motivan as crecidas e no lugar onde se producen. No río Sarria as actuacións lévanse a cabo, a excepción da ponte da R/Castelao, só no Paseo do Malecón (zona que nunca se ten inundado), e son principalmente obras de ornato de dubidoso gusto e urbanización deste vial, recentemente urbanizado (no ano 2011 investíronse nel perto de 90.000 euros), e non se actúa sobre augas arriba, Aceas, Ribela, Chanto, nin sobre augas abaixo, Campo do Río, Ameneirizas, Camiño Verde, Ponte Vella, Veiguiña. Non se actúa sobre os regatos que contribúen en gran medida ás inundacións en varias zoas de Sarria, como a zona escolar, Vigo de Sarria, barrio da Estación, etc., e non se fai absolutamente ninguna actuación sobre o río Celeiro.

2.-Ao non actuar de forma integral sobre os ríos Sarria e Celeiro, nin sobre os regatos e regos que verten as augas aos mesmos, os riscos e problemas que causan as inundacións non se corrixen senón que aumentan gravemente.

3.-O proxecto é moi agresivo co canle natural do río e as ribeiras e dana gravemente o patrimonio histórico-artístico, etnográfico, cultural, ambiental e paisaxístico de Sárria. Esto materialízase, entre outras cousas en que: se derruban dúas pontes, a ponte do Toleiro e a ponte de Calvo Sotelo (antigua ponte de ferro, con base do século XIX). Dánase un petril medieval da ponte Ribeira. Elimínanse os rairos dos muíños, así coma unha das illas que os mesmos forman e se desvirtúa a outra, modificándoa na súa altura e fisonomía ¿Cantos pobos teñen a sorte de contar no seu centro cun conxunto etnográfico formado por muíños, rairos e illas semellante ao noso? Elimínase o fin ao que estaba destiñado o muíño do Toleiro, polo que se pagou con cartos públicos, hai menos de dez anos unha importantísima cantidade de cartos aos seus propietarios (máis de 700.000 euros). Se talan os cerca de 200 árboles da ribeira dereita do río, no Malecón (na súa mayoría ameneiros que se atopan gravemente enfermos na maior parte de Galicia e que, curiosamente e por sorte, estes están sans). Sustitúese a varanda do Malecón, diseño do artista sarriao José Díaz Fuentes por unha de vidro e aceiro, con fin que non queda claro en absoluto (conter a auga en caso de enchenta).

4.-O investimento que supón a execución do proxecto de encanamento é un claro despilfarro de fondos públicos. Derivado do anteriormente exposto, ao non cumprirse o principal obxectivo para o que están destiñados eses fondos públicos que é minorar no posible os riscos das enchentas e os danos que as mesmas provocan, a súa inversión en gastos de ornamento e urbanización en zoa recentemente urbanizada, así como a destrucción e reconstrucción inxustificada de dúas pontes entre outras infraestructuras, constitúe un flagrante despilfarro de fondos públicos, que non ten sentido de ser nunca, pero menos nos momentos de escasez e necesidade que se están a vivir. Sobre a base do exposto, ESIXIMOS:

1.-A inmediata paralización das obras de execución do encanamento que se están a levar a cabo no río Sarria.

2.-A urxente elaboración dun novo plan e un novo proxecto que trate os ríos Sarria e Celeiro e os regatos que neles verten de forma integral e respectuosa cos mesmos e co patrimonio de Sarria, tanto histórico-artístico, como etnográfico, cultural, ambiental e paisaxístico, tendo moi presente o enclave da vila no Camiño de Santiago e destinando os fondos públicos dos que se dispón ao fin para o que foron concedidos.

3.-A urxente execución do proxecto que así resulte aprobado.

PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO.

Facebook: https://www.facebook.com/salvemosoriosarria

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: