15 mar. 2014

A presión veciñal gañou o pulso ao Concello, que renunciou a usar como aparcamento provisional unha explanada pública

Borja Carro, achegouse á concentración
Cun amplo despregamento comezaba esta mañá o movemento nos arredores do novo Auditorio de Caranza.

Persoal de bombeiros - protección civil - policía nacional - policía local, uniformada e de paisano - policía autonómica, 12 azafatas de congresos, e outros 12 operarios de Urbaser. Todo para que os DESgobernantes do P€P€ puidesen darse o baño de masas.

Á cita non quixeron faltar os clásicos; alabardeiros, mamporreiros, e pica flores, entre eles como vén sendo habitual, estaban membros da AA.VV de Caranza, totalmente submisa e pregada ao servizo do P€P€.

Fronte a estes, ao outro lado da estrada, @s veciñ@s bloqueaban e impedían o uso dunha plazoleta pública como aparcadoiro improvisado para o evento. Deixar constancia que a directiva da AA.VV de Caranza dera o consentimento ao Concello para este uso indevido da plazoleta, e coa agravante de non o consultar con ningún/ha d@s residentes.

Borja Carro, concelleiro de medio ambiente e servicios, que pasaba polo lugar, achegouse ata a concentración, e chamou a atención velo felicitando a algún dos veciñ@s alí concentrados. 

Acompañando ao ainda alcalde estaban, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación, Diego Calvo.

A placa que descubriron reza deste xeito: "Galegos de hoxe para a Galicia do mañá", non hai que ser moi entendidos para decatarse de que non fala deles, pouco futuro lles vexo.

O paripe foi seguido de cerca por grupo de preferentistas, que tamén concentrabase ás portas do Auditorio.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Quen non asistiron foros os traballadores do Naval.
Xa se sabe que as fins de semana non están para mobilizarse e hoxe era sábado.
Estou ata as orellas destes sindicalistas que non saen do local do Comité, se perpetúan no tempo e non teñen ideoloxía