26 mar 2014

"Dous millares" na defensa da sanidade.

Apenas dous millares de persoas, secundaron a manifestación na defensa da sanidade pública, celebrada hoxe en Ferrol.





Onde ... están @s 17.000 compañeir@s desempregad@s?.

Confunden os 420 euros do subsidio coa Renda básica de subsistencia?.

Cren co pensionista ao que estanlle a "tirar da teta" vai estar sempre aí?.

Ou non será que as convocatorias chegan soamente ás mesmas persoas?. Porque non se explica tal fracaso.



Antes, e durante o franquismo, os panfletos tirados en imprentas manuais chegaban a todo o mundo, isto debíase aos limitados avances tecnolóxicos da época, que malia ser escasos, e caros, facíase este traballo, e funcionaba. Isto era porque as persoas encargadas de por en funcionamento os aparatos de comunicación, traballaban, eran xentes dispostas a dar o seu tempo e xogarse a vida por outra sociedade máis xusta. Actualmente, e co frenesí tecnolóxico, cada fogar é un "parque temático", á parte de todas as consolas e reprodutores multimedia que temos, dispoñemos dunha ampla variedade de vías de comunicación; infinidade de canles televisivas; diarios dixitais de todo tipo, e páxinas web de contra información; redes sociais; plataformas de comunicación por internet (Wasap, Line, WeChat, etc...) Si as ferramentas están aí, e son gratuítas.....  só hai que usalas e traballar!.

Si enriba de fodid@s imos aburrirnos... mal imos..  A quen non lle apetece un pouco de Rock and roll?

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Mentres non se renoven as cúpulas sindicais e sindicalista non sexa un oficio, ben pagado por certo, será imposible recuperar a mobilización.
Temos nas cúpulas sindicais e de delegados sindicais a xente sen ideoloxía e sen compromiso, so están, agás contadas excepcións, polas horas sindicais e POLO SOLDO. Non teñen espirito de sacrificio.
O dos comités de Navantia xa é o máis vergoñento.
Así nos vai e temos Partido Podre para mil anos