10 mar 2014

O alcalde de Ferrol abucheado na ofrenda floral do "10 de Marzo"

Hoxe a cidade de Ferrol conmemora o Dia da Clase Obreira Galega, os actos comenzaron ás 11:30 h., co acto institucional da ofrenda  floral no monumento "10 de Marzo", en homenaxe a Amador e a Daniel. Cando foi o turno para falar o alcalde, comenzaronse a escoitar berros e este non foi quen de pronunciar palabra.

No acto tamén estivo presente o secretario xeral de CC.OO. de Galiza, .

A CIG realizou ás 12:30 h. a súa propia ofrenda, pois non queren participar do paripé institucional.

Esta tarde, ás 19:30 h. terá lugar a manifestación convocada por CC.OO., UGT e USTG , con saída dende o monumento "10 de Marzo", e rematará na praza de Armas. Por outro lado a CIG convoca ás 20:00 h. outra que partirá dende a súa sede en Esteiro e rematará no Palco da Música, no Cantón.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: