12 abr 2014

José Manuel Rey Varela, DESgobernando con Desvergonza

Unha parella que vive na indixencia no edificio abandonado situado no aparcadoiro do Sánchez Aguilera, arranxou onte por segunda vez as fochas do aparcadoiro. Anteriormente o colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos",  xa traballara na zona facendo ese mesmo traballo.

Non encontramos cualificativos para definir a falta de vergoña do Rexedor local, que malia malgastar millóns na Semana Santa de Ferrol non ofrece aos visitantes zonas para poder aparcar. 

Desta forma a xente que achegase á cidade, así como os cidadáns que a transitamos, vémonos inmersos nun caos circulatorio total. 

Eu non pago a rodaxe para que ás rúas sexan copadas por cachos de madeira adornados con velas e mantóns millonarios, e se queren que así sexa, que faciliten ao resto de veciñ@s o transito.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Carliños dijo...

Acción directa foi unha boa idea. Mas enganamonos, o tecido social Ferrolán está controlado polos partidos que repartiron os cartos do malgasto, non tiñan intención de facer nada. Agora tocaba facer unha boa pintada na praza da vergonha poñendo o que PP-PSOE-IU enterraron nela: 20.000.000 €.