28 abr. 2014

SI A PALABRA ESCOCE, POESÍA COMPAÑEIR@S!!

Tras 48 horas case ininterrompidas de poesía e música, finalizaba o pasado domingo a VII Edición da Semana da Poesía Salvaxe. Esta iniciativa foi xerada fai sete anos de man de: Juan Carlos Valle "Karlotti", e Guillermo Ferrández. Xa convertida nunha cita referente para poetas a nivel estatal, e nos últimos anos esquencida e abandonada por parte das institucións, das que non reciben nin un só euro. O máis grave é que enriba o desgoberno do P€P€ a intente boicotear, negando a autorización para realizala en espazos públicos da cidade, tal como se fixo durante todos estes anos, malia ter solicitada esta autorización nos prazos regulamentados.

Será que ao P€P€ "escocelle a PALABRA"?...

A Poesía Salvaxe está a anos luz doutras iniciativas, tal como "As Meninas de Canido", que empezou sendo un acto de denuncia popular e reivindicativo, e converteuse nun acto de enxalzamento do desgoberno local e do ego do seu "promotor", que ben contento debe estar coa cada vez máis substanciosa subvención do Concello (Sobre 9.000 euros).

*Esta crítica fágoa co maior dos respectos para todos @s artistas e anónim@s, que cobren coas súas cores e a súa arte as vergonzas de Ferrol.

De feito o P€P€ xa presentou na última edición do "Congreso Europeo de Turismo Industrial e do II Crossroads of Europe" ás "Meninas de Canido" como parte da ruta turística da cidade. Pode sentirse orgulloso o desgoberno local, arte tapando o desleixo.

Tamén cabe preguntarse onde está a "xente dos sindicatos", e dos partidos de esquerda? Ningún veu a arroupar os compañeiros "Karlotti", e Guillermo, malia que estes sempre participan nas loitas sociais, e prestan a súa axuda cando son requeridos.

Xa non vou entrar no tema das asociacións que se denominan culturais e quedan á dereita da cultura.




Malia os imbéciles e escuros, esta edición da Poesía Salvaxe contou con maior número de poetas e participación popular que nunca.


Parabéns a tod@s!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Que pasa Susete: Non pensas escribir nada sobre a convocatoria de hoxe en Navantia das Marchas pola Dignidade?.
Non van vir os de Radio Buguina?

Susete Ferrol dijo...

Ola anónimo, non sei que ten que ver o que preguntas coa publicación, pero vouche respostar. A túa primeira pregunta; che digo que quen ten que difundir a convocatoria das "Marchas pola Dignidade" son as persoas que foron designadas pola asemblea para facelo, para iso existe un blogue e xa vos dirixistes aos medios.

Á segunda pregunta; as persoas que representaron a Radio Buguina no evento Carga de Dignidade están informadas deste acto, aparte como saberás (se é que asistiches á asemblea) se lle facilitou a unha persoa o contacto deles, así como quedaron en comunicarllo a Bocixa.

Cumpre aclarar, que "Radio Buguina" era a voz de todos os colectivos que participaron no evento "Carga de Dignidade", Radio Buguina eramos todos. E unha vez rematada a presentación do filme disolvense como tal.

Non como o Foro Social de Ferrolterra, que unha vez rematado o Foro sigue a facer convocatorias como tal.

Deixade de buscar en todo cinco pés ao gato!!

Saúde

Anónimo dijo...

Que Susete, a Party Ces vai crecida e piden foto no teu Blogue de como lle roubaron a "carga" a nosa "dignidade"... Mentres os imbéciles e escuros os manteñan, a estafa social non parará. Deixa de crer as mondongadas de Suso D., se crías corvos comeran-te os ollos, e ese xa non ve nada.

Anónimo dijo...

Fuco Buxán consta como organizador malia non dar nin un só euro!!??