24 abr. 2014

Vergonzosa concentración cazarolada en "defensa" do sector naval

Hoxe iniciábase o novo calendario de mobilizacións aprobado polos traballadores/as do sector Naval, a estrea do calendario era asistindo ao pleno municipal, pero coa nova ordenanza municipal aprobada polo P€P€, que limita o número de asistentes, fixo que soamente puidesen acceder  ao salón de plenos unha decena deles.

Á par que se producía esta concentración, que apenas sumaba 200 persoas, concentraronse tamén os traballadores/as de Correos, que malia ter un plantel máis limitado foi en proporción máis numerosa.

VERGOÑA é o que teñen que sentir os fill@s dos traballadores/as e desempregad@s do Naval despois de ver estas imaxes. Aproban nunha asemblea de 1500 traballadores/as as mobilizacións e ao final son catro os que teñen que romperse a cara por estes JETAS.




Fotos dos traballadores/as de Correos


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os traballadores non cren nas cúpulas sindicais, de ningún sindicato, xente que leva máis de 25 anos sen dar pancada e sen pisar os centros de traballo.
Os sindicatos son absolutamente necesarios, pero hai que botar aos caraduras que os "dirixen".
Dous traballadores de auxiliares estiveron 40 días pechados en Bazán sen ningún apoio dos sindicatos e nin siquera foron quen de que as súas familias puidesen visitalos.
Esa é a panda de caraduras que están nos Comités de Empresa