4 may. 2014

Gabriel Toimil, foi o encontro da súa nai, Amada García

(Onte no cemiterio de Serantes)
As cinzas de Gabriel Toimil García, foron onte ao encontro dos restos da súa nai, Amada García, á que nunca chegou a coñecer, pois este foi arrebatado dos brazos desta aos 88 días do seu nacemento. Os franquistas xa ditaran sentenza de morte anteriormente, pero esta foi aprazada ata o nacemento do seu fillo.

O 27 de xaneiro de 1938, Amada era conducida dende o hospital de Caridade ao Castelo de San Felipe, onde foi ejcutada, por un pelotón de fusilamento, ese mesmo día eran executados xunto a ela, outras sete persoas da bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.

Está bastante extendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que Amada foi unha muller políticamente
Gabriel Toimil García
moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granxeou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. Esta carta que foi lida por Gabriel nalgunha das homenaxes a Amada García.

A homenaxe a Amada, e ás mulleres represaliadas, foi unha iniciativa impulsada polo seu fillo Gabriel, e a súa familia, na cal participaba activamente a Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol.

Mentres unha xente participa na recuperación da memoria, outros soamente saben falar de oídas dela, sen participar nin asistir aos actos. Eso si, logo escriben na Coz de Galicia.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 comentarios:

jetas son dijo...

En Ártabra21 recollen o tema de Gabriel cando NUCA participaron nas homenaxes a Amada

Anónimo dijo...

Pero é que agora a Matriarca quere ir a Europa, acompañando a Lidia Senra

Anónimo dijo...

https://www.youtube.com/watch?v=UoYzXJCILao#t=114