16 jun 2014

"171 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 171 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 171 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).

Concentración:
Mañá martes, 17 de Xuño, ás 20:00 h. no Peirao de Curuxeiras, Ferrol

Características do buque: Nome.- "Castillo de Villalba", Bandeira.-España, Eslora.- 284.4 m, Manga.-42.5 m, Calado.- 11.4 m, Capacidade.-138.000 m3

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Indignado dijo...

a loita contra Reganosa non é exclusiva dos CÉS-PARTY e dos FUCO-LALÁNS.Cando eles desaparezan a loita será a de toda a cidadanía.