2 jun. 2014

Concentración en réxime de autoconvocatoria, para celebrar a abdicación do Rei, e pedindo o final da liña de sucesión na Coroa.

Hoxe ás 20:00 h. e en réxime de autoconvocatoria celebraranse en distintas cidades e vilas de Galiza concentracións para celebrar a abdicación do Rei Juan Carlos I, e pedindo final da liña de sucesión na Coroa. En Ferrol esta concentración terá lugar na Praza de Armas, e no chamamento que me achegan faise fincapé en que sexa unha Festa de bandeiras, cores, e na cal se dea cita toda a Diversidade da Esquerda Galega.

(Por outro lado chégame esta outra).

O BNG fai un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, para se concentrar a cidadanía galega ás 20:00 horas nas cidades e vilas do noso país, polo dereito a decidir e por Galiza pola República.

- A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español.

- Lugo. Praza Maior, perante a Casa do Concello.

- Pontevedra. Praza da Peregrina.

- Ferrol. Praza do Himno Galego.

- Ourense. Praza Maior.

- Santiago. Praza do Toural.

- Vigo. Rúa do Príncipe, diante do Marco.

- Foz. Parque Conde Fontao.

- Vilagarcía de Arousa. Praza de Galiza.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O BNG-CIG, como sempre, tentando rachar a unidade da esquerda e querendo ser protagonistas exclusivos.
Así lle vai¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡