12 jun 2014

Propietarios de cans únense contra o DESgoberno municipal

Propietarios de cans presentan un escrito de alegacións no rexistro do Concello de Ferrol. Yolanda Santos, voceiro deste colectivo de cidadáns, contou na entrega do escrito co apoio de varios concelleiros do BNG, IU, e PSOE.

A anécdota protagonizábaa Natividade González, concelleira, e voceira do PSOE, non se entende que veña a aprobar o escrito de demandas e que pregunte; "Entón que é o que reclamades? ". Vese que a pobre segue desorientada. Iso si, aproveitando a presenza dos medios non perdeu ocasión para largar un espiche soporífero e falar das excelencias do seu grupo político.

Este é o escrito de demandas presentado no rexistro municipal


Esiximos ao Goberno Municipal do Concello de Ferrol:

- Que adapte en cada barrio espazos públicos habilitados para poder levar ás nosas mascotas, podendo deste xeito deixar de ocasionar molestias innecesarias ao resto da cidadanía.

- Que o actual Goberno Municipal, co consenso do resto de forzas políticas, empece a traballar na creación dun gran espazo verde para mascotas que reúna todas as condicións de seguridade e higiene necesarias, no cal estas poidan correr libremente, .

- Tamén esiximos que se habilite para as mascotas unha praia ou unha franxa ampla, valida para todas as estacións do ano e sen limite de horarios e podan correr en libertad.

Aclarar: - Que os propietarios de mascotas non queremos ser unha molestia innecesaria para a cidadanía, e na maioría dos casos é algo inevitable que producese pola falta de espazos públicos habilitados

- Todas as esixencias que realizamos facémolas deixando constancia que queremos cumprir as ordenanzas municipais en vigor que regulan a tenencia de mascotas.

Para responder ao comentario que di que xa hai zonas habilitadas, ilústrolle cunhas fotos cedidas, como verá son do "Pipican! que cita. Ten a reixa rota por abaixo e arriba, á parte de que non ten unha altura suficiente para impedir que un can de gran porte a poida salvar sen dificultade. A limpeza e desinfección municipal é inexistente.

Referente ao "Cadro de Esteiro" que cita, non dispón de pechado, o terreo ten buratos de máis de medio metro de profundidade, e as árbores que hai están enfermos e con grandes posibilidades de derrubamento.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No Barrio de Esteiro hai dúas zonas habilitadas a ese fin: A Praza de Ferrándiz, con todo o perímetro pechado e outro espazo entre a Trincheira e a Rúa Nova de Caranza, con todo o perímetro pechado e con elementos de xogo para os cans.

Neses espazos tamén hai que recoller as cagadas dos cans, independentemente de que os servizos de limpeza municipais tamén atendan eses lugares

Txus de la Paz dijo...

¿eh que e iso de perímetro pechado? a medio metro de altura? ¿que o salta ata un caniche? que non me faga rir o anónimo ese... e por certo, algo moi importante na s zonas de animais... auga potable... ¿onde está a fonte?
Eu recollo as caquiñas do meu can, pero non poido darlle de beber, hay pulgas, non hai herba, as arbores morren...