19 ago. 2014

Non só cheira mal a ría en Ferrol!

O día 1 de setembro, Bernardo Bastida ex-patrón maior da cofradía de Ferrol, comparecerá nos xulgados de Ferrol, para facer fronte a unha multa de máis de 2.700 euros, ou ben cumplir unha pena de prisión durante 13 meses.

É extraño que a estas “alturas da película” non exista movemento algún para recaudar ese diñeiro, pois como saben moitas persoas achegadas a Bernardo Bastida, este non dispón dese carto para poder evitar o seu ingreso en prisión. 

TAMPOUCO lin polo de agora comunicado algún de apoio por parte do Comité de Emerxencia para Ría de Ferrol, colectivo que aglutinaba no seu día á nada despreciable cantidade de 60 colectivos. Lembremos, que deste Comité existía o compromiso de costear xurídicamente os gastos de calquera compañeir@ que sufrise persecución xudicial por ter defendido a ría, a vida. e a legalidade.

O trauma que ocasiona nunha persoa o ser privada da liberdade é indescriptible, si ademais paramonos a pensar a idade e os graves problemas de saúde que padece Bastida, isto podería supoñer un dramático final.

Agardemos que impere o compañeirismo e a solidariedade, que boa falta temos delo!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/08/01/bernardo-bastida-tendra-pagar-2700-euros-eludir-prision/0003_201408F1C5992.htm?idioma=galego
 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Se era unha acción promovida pola Confraría de Ferrol, deberá ser esta quen aporte o diñeiro

Susete Ferrol dijo...

Tod@s paramos o Galicia Spirit!.

ASÍ QUEDOU ACREDITADO cando varios membros do Comité de Emerxencia autoinculparonse ante a Fiscalía no proceso aberto polo bloqueo ó Galicia Spirit en maio do 2007, na defensa dos 60 mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos, dos que todos son responsables, posto que a convocatoria da protesta partiu dos COLECTIVOS CIDADÁNS.

E que eu sepa, o Sr. Bastida foi a única persoa que puso o seu patrimonio en xogo, así lle foi, pois perdeu todo.

Saúde

Susete Ferrol dijo...

Quero deixar constancia de que canto escribo o fago dende un punto de vista imparcial, sen ter para nada en conta quen é, e o colectivo que presidía esta persoa. Ben podería ser calquer anónim@.

Apertas

Anónimo dijo...

A acción pola que se lle piden eses cartos era unha mobilización da Confraría de Ferrol en defensa dos seus intereses laborais.
Debe ser a Confraría quen pague eses cartos

Susete Ferrol dijo...

Publicado nos medios: Fontes da defensa de Bastida sinalaron que a decisión dese ingreso en prisión foi tomada pola xuíza que instrúe a causa por un peche da ría nunha protesta do colectivo de mariscadores polo tráfico de gaseiros.

A suma de antecedentes a este ultimo xuízo é o que fai o elevado da pena.

Tal como dixen, Bastida perdeu o seu patrimonio, tendo actualmente parte da nomina embargada, e vivíndo na casa que é propiedade do seu fillo.

Saúde

Anónimo dijo...

Xa está o Ces Party e os Fuco Laláns organizando unha mobilización.

O peche da Ría, polo que se lle piden os 2400 euros, foi por unha protesta dos mariscadores polos seus problemas profesionais e non polos gaseiros

Susete Ferrol dijo...

IMPIDAMOS A ENTRADA DE BASTIDA NO CÁRCERE!
Tod@s paramos o Galicia Spirit!
Bastida somos tod@s !!

En Maio de 2007 a imaxe dun gaseiro bloqueado na entrada da Ría de Ferrol foi portada de todos os medios de comunicación. A acción convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, na que participamos centos de cidadáns e cidadás, incluídos os mariscadores, impediu a entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na Ría de Ferrol. Rachábanse os muros de silencio sobre a barbaridade dunha planta de gas reubicada dentro da Ria.

A resultas daquela acción, Bernardo Bastida, entón patrón maior da Confraría de Ferrol foi condenado a 13 meses de prisión polos delitos de desobediencia grave e coaccións, ou ao pago de 2.700 € para eludir a cadea.

A condena de Bastida reflicte a situación dun país onde os corruptos pasean con total impunidade e aqueles que defenden a legalidade, a vida e a Ría son condenados.

A planta de gas de Reganosa é un exemplo de corrupción político- financieira, e todas as persoas de ben, estivemos con Bastida fechando a Ria aquel mes de maio do 2007.

O CCE chama a toda a cidadanía a colaborar contribuíndo cunha axuda económica para impedir que Bernardo Bastida entre na cadea.

Conta Corrente no Banco Santander,
titular: Luz Marina Torrente e outros
IBAN: ES71 0049 3315 77 2894017995
Concepto: Axuda Bernardo Bastida