25 sept 2014

Actos da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro. O Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres conmemórase este ano baixo o lema: ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate, convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento. O pasarrúas saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño ás 13h.

SAÚDOS. Plataforma para o Dereito ao Aborto de Ferrolterra

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

Correo electrónico: dereitoabortoferrolterra@gmail.com

Facebook: Ferrolterra Direito Aborto

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: