16 sept 2014

Navantia sen traballo, sen dereitos, e sen compañeir@s

O pasado día 9 de setembro, asinouse o ANTICONVENIO de Navantia, quenes o asinaron o fixeron dende a convicion que non lles vai afectar a eles nin as súas fanilias, aínda que si pode afectarnos as tódol@s traballadores/as de Navantia e as nosas fanilias, saben que non van a ter represalias, saben que os traballadores/ras somos civiliados, saben que poderan seguir facendo o mesmo na maís absoluta impunidade.

@s asinantes do anticonvenio son:

Pola empresa:
Juana Maria Fernandez Martin do Campo
Alberto Cavilla Peñalver
Jose Carlos Piñeiro Freire.
Jeronimo Garcia Albadalejo
Alvaro Tello Elordi
Mª Remedios Diaz Montero.
Esteban Gallego Tortuero
Diana Ruiz-Gimenez Gomez
Mercedes Dolarea Romero

Por parte da empresa pero designados polos sindicatos:
Jose Antonio Oliva Gomez
Ramon Linares Corbacho
Ignacio Briones Armero
Ricardo Bengoechea Garcia
Juan Bedeli Diez
 Eduardo Aranda Marinez
Diego Alfaro Falcoon

Todos estes datos son públicos e pódense ver nas actas correspondentes a asinatura do ANTICONVENIO de Navantia

Catro membros do comité de empresa de Navantia, un por cada sindicato con representación no astillero de Ferrol, desprazáronse onte á Dirección Xeral de Traballo da Xunta para entregar a documentación do expediente administrativo interposto para impugnar a firma do IV convenio colectivo de Navantia que tivo lugar o martes en Madrid. A decisión de acudir á vía xudicial para tratar de tombar o acordo xa foi adiantada ese mesmo día polos membros da comisión negociadora, pero non se tomou de xeito oficial ata o día seguinte. Os 25 integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol apoiaron esta medida. 

Os sindicatos informaron de que a partir deste momento ábrese un prazo de quince días no que o mencionado organismo pode iniciar de oficio a impugnación ou desestimar a petición. Se é negativa ás demandas do comité, este non rexeita a posibilidade de acudir á vía xudicial. 

A impugnación vén motivada polo feito de que os catro delegados de CC.OO. que votaron favorablemente o convenio foran desautorizados pola Federación de Industria dese sindicato. Eses delegados e a dirección da compañía consideraron que si tiñan potestade para asinar ese pacto laboral, entendendo que o comité intercentros pode designar os representantes na mesa negociadora, cuestión que rexeitan os sindicatos dos comités de Ferrol.

Fontes:
Antonio R. 
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: