23 nov. 2014

Outro fiasco Alianza Social

Penosa manifestación DESorganizada pola Alianza Social, na que apenas unhas 300 persoas manifestaronse contra a "Lei Mordaza" que vai aprobar o P€P€. E menos mal que fixeron algo de "vulto" BNG, CC.OO, e CIG.

Os grandes ausentes, por esta orde: Anova, Espazo EcoSocialista, Esquerda Unida, PSOE.

As leis franquistas que pode aprobar o P€P€ xa non asustan á cidadanía, o que asusta é a indiferenza dos axentes sociais que terían que estar a velar polos nosos dereitos.

Parece cos sindicatos perdesen capacidade de elaborar e distribuír propaganda subversiva, igual ata vénlles ben esta lei para espertar, igual traballan mellor na clandestinidade, cando os ilegalicen.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Tamén estiveron ausentes os de PODEMOS, os Bazaneros, os furtivos, os 20.000 parados, os alcaldes da comarca que se din de esquerdas, os concelleiros, os delegados sindicais da comarca, que xuntos son case 1000, etc, etc.
Esta comarca será feudo do Partido Podre durante moito tempo e non por mérito do Partido Podre, senón por demérito da oposición

Susete Ferrol dijo...

Non poido excluir a Podemos cando nin eles mesmos saben quenes son.... Posiblemente entre hoxe e mañá saía publicado o primeiro "escándalo" nas filas deste ¿partido?. No resto concordo bastante coa túa apreciación.

Anónimo dijo...

E Cerna?

Anónimo dijo...

Quen é CERNA en Ferrol? EXISTE?

Anónimo dijo...

A cerna ten Máis afiliados q ANOVA en Ferrol xa que eran a maioria aunque ningún dos dous son moito, e Espazo o mesmo entre os 3 non fan un partido

Anónimo dijo...

Se asistiran os de Cerna non collería a xente na Praza de Armas

Anónimo dijo...

Teñen mais xente que os grupusculos de Esquerda Unida, de anova, espazo e demais.Seguide a reir deles.

Anónimo dijo...

Ola

Hoxe estiven nunha mani e non estaba Susete

Veña oh, hai que animarse, cando rematen as coiteladas os catro que sobrevivan, se non quedan na casa aborrecidos, serán quen de tombar ao Partido Popular.

Unidade unidade unidade e forza

Anónimo dijo...

Los de CERNA son muy potentes, sobre todo cuando va la Fiscala y su novio con las camisetas de lamparones haciendo juego