20 feb. 2015

Concentración contra a Taxa de Saneamento

Xeneroso titular o da "Coz de Galicia" 
"Más de un millar de personas piden la retirada de la tasa de saneamiento de Ferrol". 

Cando apenas foron uns 700 cidadáns os que botáronse á rúa para protestar contra a absurda, abusiva, e inxusta Taxa de Saneamento imposta polo desgoberno do P€P€ de Ferrol.

Malia a unidade imperante á hora da convocatoria, esta foi un inexplicable fracaso, e participación do comercio de Ferrol foi nula. É incrible, que estando afectados tod@s @s usuari@s, os convocantes non fosen capaces de encher a Praza de Armas.

Despois de escoitar a lectura do manifesto, non resulta de estrañar esta apatía e desafección por parte da cidadanía, este fíxose soporífero, interminable.

"Difícil de entender pola señora que ía á protesta co recibo da auga na man".

Da pena ver @s compañeir@s traballar tanto en balde....  co difícil que é xuntar tantas siglas e asociacións para facer algo, e que non saiban escribir algo intelixible que toque a "pataca" da xente.


Ao remate da protesta repartironse uns papeis á cidadanía, estes son para ser cubertos e presentados a título individual por cada veciñ@ no Rexistro do Concello. Pero a falta de previsión fixo que non chegaran para tod@s. 





MANIFESTO:

Trinta mil veciños e veciñas mil veciños e veciñas estan a recibir estes días uns recibos totalmente fraudulentos e están a ser estafados polo actual goberno municipal. Trinta mil veciños e veciñas que queren tamén unha ría saneada, maltratada durante décadas por falta de vontade política en procurar unha solución sostible medioambientalmente.

Trinta mil veciños e veciñas que agora observan indignados como o sistema de saneamento que nos están a implantar ven cuberto de opacidade, falta de participación e información. Un saneamento cuestionable tamén dende o punto de vista da eficiencia, do custo enerxético e coa súa xestión entregada a unha empresa privada, a multinacional Urbaser, que vai obter un importante lucro coa taxa que nos pretenden cobrar, e que abafará aínda máis aos milleiros de ferroláns e ferrolás que están a vivir unha situación de emerxencia social.

Este goberno levou no seu programa a conxelación das taxas, sen embargo, o custo dos servizos básicos: auga, luz e gas, subiu o triple que os salarios. Temos o índice de pobreza e exclusión social máis alto do país, e seguen a falar de recuperación económica.

En maio de 2013 a instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias deu lugar a unha mobilización veciñal, que pretendía exercer algo tan simple como o dereito á información das obras públicas. Esta mobilización foi desprezada e ignorada. Non hai nada máis ditatorial que un goberno que dá as costas ao seu propio pobo, e que xestiona os cartos públicos como os balances dunha empresa privada, e que sanea a súa economía cunha imposición fiscal inxusta.

Non estamos aquí en representación de ningún partido político, asociación ou grupo de presión. Estamos a cidadanía indignada que demanda unicamente que a auga e a depuración non se poden convertir nun negocio privado. Non se deu até o de agora a transparencia necesaria nun investimento millonario que, coa toma de decisións unilaterais, só lle deixa a veciciñanza coma única potestade a de pagar unha taxa de saneamento que nin está explicada nin xustificada.

O sistema de saneamento decidido para Ferrol e Narón non se axusta tampouco ás normativas europeas e españolas vixentes. Deixar de lado o deseño con colectores separativos (pluviais e residuais) requirido polo PXOM de Ferrol e cuns tanques de tormentas de reducido tamaño en lugares non idóneos, conducirán a perpetuar o estado actual da Ría de Ferrol.

Queremos tamén denunciar a avaliación dos custos utilizada para definir a taxa de saneamento, que quedou acreditada como moi pouco fiable, xa que temos constancia doutras valoracións técnicas que conclúen un custe do servizo moito máis baixo. Polo tanto, o informe oficial que se toma para fixar a tarifa é demasiado amplo e pouco rigoroso.

Tendo en conta que esta é unha obra de interese xeral o Estado teríase que facer cargo da súa financiación. Non pode ser que sexan os veciños e veciñas os que paguen a retribución do socio privado, é dicir, que contribuamos entre todos e todas ao beneficio dunha multinacional como ACS-Urbaser, que ten como beneficiario último o señor Florentino Pérez.

Nós si queremos un saneamento, o noso lema e saneamento si, pero non así, pero esiximos un saneamento integral, non intensivo en custos enerxéticos, e non toleramos que se fixe unha taxa de saneamento baseada en informes achegados pola propia empresa concesionaria, Emafesa. Estamos sendo estafados polo lema da maioría absoluta que é “primeiro as empresas, logo a xente”.

Sr. Alcalde: non só estamos ante un saneamento propagandístico que se ben vai aliviar os verquidos contaminantes da ría, non vai ser a solución definitiva, xa que é obsoleto, custoso e ineficiente. Tamén nos preocupa o esquecemento do rural e A malata. Vivimos nunha cidade onde a taxa de paro, o empobrecemento, a emigración e a crise demográfica alcanzan cotas insostibles. Agora a veciñanza vaise ver gravada cunha taxa anual por fogar dun promedio de 76 euros, taxa que irá incrementándose ano a ano por mor da corruptela dos gobernos de facto, as multinacionais, que exercen a fraude sistemática na subasta eléctrica. E onde os pequenos negocios como bares e comercios se verán afogados, e as economías domésticas aínda máis lastradas.

Pedímoslle ao Sr. Rey Varela que por unha vez teña a dignidade de escoitar á cidadanía e retire o cobro desta inxusta e ilegal taxa de Depuración e Saneamento.

Imos reunir os recursos suficientes para que o concello se vexa obrigado a dar explicacións ante a veciñanza, e a auga volva a ser tratada como un dereito cidadán básico e non como unha simple mercadoría. Imos chegar ata o final, ata a última instancia xudicial, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón. E non nós imos render, non queremos un saneamento electoralista, queremos un saneamento real, sostible, que respecte os recursos naturais da nosa ría. Sr. Alcalde: Solicitámoslle que retire a taxa que ten remitido Emafesa, e que se dirixa aos veciños e veciñas a explicar polo miúdo, desglosado e baseado en datos certos porqué teñen que pagar esa cantidade abusiva para un saneamento cun modelo intensivo enerxeticamente, non separativo, totalmente obsoleto, e contrario ao que se está a facer noutras ciudades como así o dixo hoxe mesmo o director de Augas de Galicia no Parlamento galego. 

Porqué que a maior parte da cidade ten que pagar unha taxa sin tan siquera estar rematadas as obras do saneamento? 

Porque pretente recaudar tres millóns de euros dunha forma inxusta e ilegal?

Sr alcalde: retire a taxa, escoite ao pobo de Ferrol, que é a quen esta a representar, e centre o seu traballo en menos cartaces propagandísticos e máis saneamento real.

Reivindicamos a remunicipalización do servizo porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia, e non se volvan repetir episodios vergonzosos como o cobro desta taxa. É, polo tanto, hora de acadar o mellor para a nosa xente. 

Saneamento, si, pero non así. 

Taxa-estafa non! 

Non debemos, non pagamos!



Documento para presentar no Rexistro Municipal





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que o escribiron entre o Consultor, o maderista, Chema e a Banda de Gaitas.
Patéticos os grititos histriónicos do maderista, parecían as perrenchas de Paco Zarzuelas

Anónimo dijo...

Gracias miguel

Susete Ferrol dijo...

Acabo de recibir este correo dun compañeiro e penso que é de recibo facelo público.

>> Suso acabo de leer a tua reseña da manifestación contra a taxa.
Queixaste do comunicado-manifesto e de que houvese pouca
xente. Seguramente foi soporifera a miña lectura; non
se pode intentar decir todo, cando se intenta decir todo
non se dí nada. Hai, temos que combinar mais iso de
decir o que se sente e de sentir o que se dí.

O mellor estaría ben que a xente da rua fose a que
lese ou falase nestas cousas. Respecto o número de
xente eu personalmente quedei bastante satisfeito. Pero tes
razón, debería haber mais xente. A verdade é que non
se movilizou o suficiente.


****Quería dicirlle a este compañeiro que; teño que felicitar o esforzo e o traballo que realizan para parar esta inxustiza, e que indistintamente de quen sexa a persoa que realizara a lectura, esta fixose complicada de entender moit@s cidadáns que viven alleos aos problemas sociais, (en todo momento refirome ao contido).

Pretendo dar unha visión de algo que me apaixona, o marketing, un bo slogan di ás veces máis que un ou dous parágrafos.

Botei en falta que que se ligasen outros temas parellos e directamente relacionados, como pode ser o caso do imposto de Rodaxe, (un dos máis caros do estado), IBI, etc.

Agradezo o correo, as boas formas, e o carácter de autocrítica

Saúde.

Anónimo dijo...

Nos vos preocupedes, tedes un problema, pero eu teño a solución

Anónimo dijo...

E a solución chámase Rafael Pillado,César Manso, Bernardo, Chemita, Alexandre, Reimundez, Fernando Armesto, Lupe, Inácio, ou Celsito?

Facedes o ridículo e deidades terra queimada ó voso paso, todo por un anaco de protagonismo.

Elena

Anónimo dijo...

Pois agora PILLADO está no teu partido, en PODEMOS

Anónimo dijo...

Isto non ten nome... Juass

Anónimo dijo...

Hai quen milita en mais de un partido. En Podenos e en Anova, así ten a sorte de militar tamén cos Ces

Anónimo dijo...

Comparto, pero na lista de ·conspiradores· faltan Pablo Portero e Mel.
Teñen que estar en todo, ateneo, plataforma da sanidade, stop desafiuzamentos, podemos, filispím, espazo eco., PSOdeG, marchas da dignidade, fuco, a revolta, armeria, banco de tempo, encontro, desencontro... só falta ver a Pillado relevando a Meca Arcos na presidencia das cofrarias
C.V.

Carlos Vidal Ojea dijo...

Me acaban avisar que alguien esta suplantando a Elena en este blog para dar motivos para contestarle desacreditandola y que ahora firman por mi en este blog. Me doy por aludido con el C.V. Soy Carlos Vidal y yo no escribo en este blog hace mucho tiempo. Ahora espero el comentario desacreditandome. Da pena lo que pasa en esta ciudad, plagada de conspiraciones y personas terribles. Un saludo.

Anónimo dijo...

A que Elena está suplantando non sei quen?

Anónimo dijo...

Menos mal que o 99% dos que están contra a taxa non vos coñece a ningún de vós, comentaristas e comentados, de coñecervos ían da praza de armas fuxindo para casa e pechaban con dobre volta

Susete Ferrol dijo...

Carlos, queda constancia e ben claro!. Cando fixestes algún tipo de comentario sempre vos identificastes.

Saúdos

ELENA CASAL MERA dijo...

Pasadas duas horas de cortesia e visto que non publicas nada, nin borras os post difamantes cara a miña persoa, véxome na obriga de publicalo aquí e onde eu considere para preservar a miña honra. http://ferrolsuso.blogspot.com.es/

ASUNTO: SUPLANTACIÓN DE IDENTIDADE NO TEU BLOG
PARA: Susete
Querido amigo Susete, alguén malintencionado quere facer ver que eu escribín este texto no teu blogue, penso que como eres o xestor do blog podes ter algunha forma de saber quen foi. Axudarame a entender que é o que está a pasar. Cando publico algo, ben sabes que o firmo, mas este non é o caso, e pareceme un asunto grave. Unha aperta.
------------------------------------------------------
Anónimo Anónimo dijo...
E a solución chámase Rafael Pillado,César Manso, Bernardo, Chemita, Alexandre, Reimundez, Fernando Armesto, Lupe, Inácio, ou Celsito?
Facedes o ridículo e deidades terra queimada ó voso paso, todo por un anaco de protagonismo.
Elena
21/2/15
----------------------------------------------------------

ASUNTO: SUPLANTACIÓN DE IDENTIDADE NO TEU BLOG
PARA: Susete
Xa está, tratábase de dar o motivo para desacreditarme.
A miña militancia ou non, é un dato persoal especialmente protexido, artigo 7 da LOPD, polo que sinto pedilo, por favor borra os comentarios e se queres, denuncia este oscuro movemento no blog. Un bico.
------------------------------------------------------
Anónimo Anónimo dijo...
Hai quen milita en mais de un partido. En Podenos e en Anova, así ten a sorte de militar tamén cos Ces
21/2/15
------------------------------------------------------

Solicito ao administrador de este blog que intente identificar a estes anónimos, para tomar as medidas legais precisas (Art.7 LOPD).

Susete Ferrol dijo...

Elena xa consta a vosa queixa, pero non rabees, a que fala non é, nin di ser Elena Casal, (esta persoa non é "ficticia") . En canto a CV non sei quen pode ser, pero queda ben claro quen non é ;)

Saúde

ELENA CASAL MERA dijo...

Suso, non me tomes por tonta,a túa postura keda clara!!

Anónimo dijo...

Hai quen non perde as vellas e malas artes do PCE e da UPG