11 mar. 2015

O 10 de Marzo máis raro e aburrido dos últimos anos.

A hora tardía das manifestacións desluciu o que tiña que ser unha festa, malia todo, cumpriuse o trámite e tamén boteime unhas risas.

Na Praza de Armas, tiña lugar a concentración de CC.OO, este ano en solitario sen a participación da USTG nin UGT. Pero tiveron compañía extra, Rafael Pillado (ex-militante do PCG, ex-militante do PSOE, ex-simpatizante de AGE, asinante da "Marea Ártabra", e participante en PODEMOS), capitaneaba a pancarta dos que pretenden dar un golpe de estado en CC.OO. O lema desta rezaba: "1972 - Ditadura - Democracia secuestrada - por unhas CC.OO combativas,"

Parece que moitos descoñecen quenes foron os traidores ao ideario comunista!!




Por outro lado, e en Terra Hostil (Praza de Amboage) finalizaba a manifestación da CIG, coa presenza e intervención de Suso Seixo, secretario xeral do sindicato. 

A anécdota na "bancada", un espectador inusual e en "fóra de xogo", Celso Posada, persoa que aspiraba a liderar o PSOE provincial, pero o pobre non conseguiu o 20% do censo do partido na provincia para avalar a súa candidatura. (Si buscaba avales non veu ao lugar axeitado). 



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A min chamoume máis a atención ver por exemplo algún condenado pola xustiza burguesa por coaccións e inxurias contra os afiliados de CCOO levando a faixa do sindicato. Pero iso non interesa dicilo aos que están detrás deste blog supoño...

Susete Ferrol dijo...

Detrás deste blogue só estou eu, e nel aporto a miña visión dos acontecimentos, guste ou non.
(E poño a cara para o que quera falarme a ela)

Pola outra banda, falas dun condeado pola xustiza, fala claro e da o nome si o que dis é verdade, a túa IP quedará rexistrada por si esta persoa está interesada en pedirche contas.

Falar é doado, aquí xa comentaron que entre os "golpistas" hai unha persoa que foi condeada, (con sentencia xudicial firme), por violencia de xénero. Pero si é verdade non ven a conto, pois supoño que si foi deste xeito esta persoa xa pagaría polo delito.

Saúde

Anónimo dijo...

Non sei quen es, é máis, é a primeira vez que leo este blog...pero pensei que unha persoa tan ao tanto do que ocorre no movemento social de ferrol e incluso con información interna de certas organizacións políticas sabería ao que me refiro, xa que eu non estou falando de hai 10 anos, senón algo que ocorreu o pasado mes, e que é publico. Non vou dar o nome de ninguén públicamente xa que esta persoa, condenada en instrucción, entendo que todavía ten posibilidade de recurso. Non obstante, deixovos o link no que se fai pública a noticia (ainda que como sempre, La Voz de Galicia non queira contar as cousas como son e diga que alguén e condenado por coaccións por romper ou roubar unha pancarta).

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2015/03/08/condena-coaccion-injurias-pancarta-robada-ccoo/0003_201503F8C4993.htm

Susete Ferrol dijo...

Cachis! .... Refiriaste a esa patochada?..... Todo un delincuente, arrancou a faixa decido as mesmas verbas que usaron con él cando a penduraron jaja... sodes moi sensibles para ser a parte combativa.

Saúde

Anónimo dijo...

Non formo parte dos pechados en CCOO mais quedo abraiada cando vexo que a dirección dun sindicato non aparta das súas responsabilidades aos que foron condeados, non por agredir á policía ou por pintar a sede do PP, senón por agredir aos propios traballadores e afiliados do seu sindicato, e os pon en primeira fila portando pancartas un 10 de marzo. Así imos.

Susete Ferrol dijo...

Si tan segura estás de como foron os feitos, supoño que polo menos formarías parte das testemuñas de quen demanda.

Para ser xusta deberas coñecer ambas versións, e saber o contexto no que se produce este "erro".

A persoa da que falas é un avó, retirado, e de non máis de 1,60 de altura, que medo!! :))


Saúde