26 jun 2015

Así malgasta 2.665.900,35 € en subvencións a Axencia Turismo de Galicia

- Fundación Catedral de Santiago para a organización da exposición San Francisco e o seu Tempo no Pazo de Xelmírez en Santiago de Compostela. 49.025,35 €

Concello de Ponteareas para a celebración da Festa do Corpus Christi. 40.000 €

- Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2015. 40.000 €

- Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes. 100.000 €

- Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño. 80.000 €

- Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño. 35.000 €

- Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia á Deputación de Pontevedra para as actuacións no contorno e Santuario de Nosa Señora da Franqueira (Pontevedra). 150.000 €

- Concello de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2015. 40.000 €

- Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada Asilo de Carretas, para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 T.P.5.57.1 (80 %). 1.550.000 €

- Concello de Xinzo de Limia (Ourense), para a execución do proxecto denominado Albergue de peregrinos en Xinzo de Limia. 120.000 €

- Entidade Obradoiro CAB SAD para o desenvolvemento do proxecto «O Camiño remata no Obradoiro». 100.000 €

- Concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés, e de atención e información ao peregrino. 361.875 €

2.665.900,35  €
E outros miles susceptibles de rematar en malas mans 

- Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realizacion de varios concertos de músíca popular en Santiago de Compostela-programa Música no Camiño. 69.011,90 €

Datos do DOG

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: