18 jun. 2015

De volta ás trincheiras!!

Despois de tres meses de "parón"..  Currando de sol a sol, e queimado por non poder recoller imaxes da loita social de Ferrol neste blogue.... Encóntrome que a pesar desta "inactividade", nomeóuseme moitas veces (non sei a conto de qué..) Hoxe como filtrador dunha nova a un xornal.

ACLARACIÓNS:

- Malia ser sabedor de; procesos, reunións, treque manexes, acordos, encontros, desencontros, etc.. nunca falei NADA, pois eu non estiven presente en NADA e non son quen de valorar o que NON vivín en primeira persoa.

- Calquera  d@s compañeir@s enemistad@s poden acreditar que sempre tratei de quitar ferro e conciliar as persoas. Así como NINGÚN deles/as pediume intervir ao seu favor .

- Nestas eleccións traballei para as tres opcións políticas de esquerdas que lograron representación municipal, e calquera das persoas que trataron comigo en representación destas formacións poden acreditar que nunca falei nada que non fose estritamente laboral, así como velei na confidencialidade dos traballos encargados.

- Se quixese filtrar algo non ía regalar a exclusiva a ningún medio, teño a coraxe de sobra como para facer as cousas de fronte.

Así que vai esta mensaxe a esas persoas ociosas que non fan máis que enzoufalo todo, quen queirame atribuír calquera MERDA co faga en publico e á cara.


Novo inciso
Agora sinalan outra persoa como o "filtrador".... O diario dixital; Ferrol 360 convértese nun medio papel couché tras facer publica a filtración e publicando un correo que presuntamente suplanta a identidade de Miguel López. Este medio da á nova cun "toque rosa" como se fose un traballo de investigación xornalística, cando é "palla", pois o borrador filtrado carecía da importancia que queren darlle algúns.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Susete Ferrol dijo...

Neste post soamente permitirei os comentarios persoais cara a min.

Saúde

Anónimo dijo...

Susete:A que filtracións te refires?

Anónimo dijo...

Xa desmentín na Asemblea de Ferrol en Común que eu non filtrara documento ningún aos medios, que aínda que so o publicaron Ferrol36o e Galicia Artabra, foi filtrado a tódolos medios.
Eu non coñecía ese documento que coñecían moi poucas persoas de Ferrol en Común e do PSOE, unha desas persoas tivo que ser a que filtrou o documento, seguramente a mesma persoa que o venres día 12 filtrou a La Voz de Galicia, o organigrama de Goberno acordado entre Ferrol en Comun e Beatiz Sestayo ( desta vez só o filtraron a La Voz de Galicia).

Esta semana teño unha entrevista cun avogado penalista para formular denuncia na Policía e no Xulgado, para que se identifique a IP desde onde se filtrou a información e poder saber que persoa foi.

A catadura moral da persoa que fixo eso deixa as claras que tipo de persoa é.
Xosé Miguel López Pérez

Susete Ferrol dijo...

Estas son as "filtracións" una chorrada, a única importancia é que acusen e suplanten a identidade dunha persoa http://www.ferrol360.es/ferrol-wikileaks-filtrado-el-acuerdo-entre-fec-y-psoe/

Anónimo dijo...

O grave é a suplantaciòn. Pero que se filtren documentos cando as xentes de Ferrol en Común non os coñecen, é un mal comenzo e fai pensar que o de : Ética, Participación e Transparencia son só palabras ocas.