15 jul 2015

O venres, Marcha en Defensa do Sector Lácteo Galego

O venres, día 17 de xullo, ás 12:00 h. terá lugar unha marcha de protesta organizada pola "Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego" para reclamar solucións urxentes á crise de prezos, á inseguridade na recollida do leite e árbitraxe nos contratos entre industrias e granxas.

A marcha partirá ás 12:00 h. dende a explanada de Salgueiriños, Compostela (entre as rúas Melide e Manuel María, no entorno do edificio da Axencia Tributaria), discorrerá por diante da Xunta de Galicia (San Caetano), e rematará na praza da Quintana, onde lerase un manifesto.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: