19 may. 2016

A Marcha Mundial das Mulleres conmemora o 24 de Maio o Día Internacional das Mulleres

Este ano A Marcha Mundial das Mulleres conmemoramos o 24 de Maio
 Dia Internacional das Mulleres pola Paz 
presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade “ MULLERES RUMBO A GAZA”  na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non so ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.


"As mulleres decidimos"

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No hay comentarios: