Entre outros temas,dixo-
¿No medio retomará os documentais?
Retomarei. Estamos editando un documental sobre o parque eólico que queren poñer en A Groba. Fixemos un sobre unha planta de gas, outro sobre unha canteira no Courel, agora será este. Sempre é a loita de David, que é o pobo que din soberano, e Goliat, que son os grandes intereses empresariais. Contamos telo para fin de ano, para daquela xa haberá novas desfeitas...
E todo comezou con O salario do silencio.Estabamos facendo un traballo sobre a monstrosidade da planta de gas e xurdiu a oportunidade de realizar un documental. En catorce días estaba feito porque usamos os nosos propios materiais e nós non cobramos polo noso traballo, que foi feito ao servizo dunha causa xusta.

¿Que os inclinou polo documental de denuncia e non por outro formato?
Había unha cousa que nos sorprendía e era que o asunto de Reganosa non estivese no debate público. Un documental semellounos axeitado agora que tanto se fala de memoria histórica; nisto non hai case que memoria, é algo que está aí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario