A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor e a súa repulsa polo asasinato dunha muller a máns do seu ex-compañeiro sentimental na área de servizo da autopista en Vilanova.Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata, que as cotas de liberdade conseguidas polas mulleres teñen un alto coste en vidas humanas; que a desobediencia e o cuestionamento da autoridade masculina ten un prezo que a sociedade non valora na xusta medida.Xa é hora de que a sociedade que está a prol da igualdade se comprometa dun xeito máis activo e contundente contra o machismo que provoca esta violencia. Nón é suficiente unha lei; non abonda con castigar aos agresores; é preciso cuestionar todas e cada unha das estructuras que fomentan ou sosteñen a desigualdade.A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa diante deste novo asasinato expresando así o noso rexeitamento a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso firme e sen trégua na loita contra o machismo
http://lupeces.blogspot.com/
enlace noticia
http://lupeces.blogspot.com/
enlace noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario