En el acto participaran:Germán Castro -actual director de Diario de Ferrol,Ignacio Fernández Toxo -secretario general de Comisiones Obreras- y Francisco Varela -periodista de La Voz de Galicia.
Enrique Barrera
O movemento obreiro en Ferrol tivo, a finais dos 60 e comezos dos 70, outros escenarios ademais de Bazán. Os casos de Peninsular Maderera e da Pysbe son o reflexo de loitas por mellorar as condicions laborais que tiveron unha ampla repercusión no Ferrol da época.
Os casos destas dúas empresas chamaron a atención do historiador Enrique Barrera Beitia. O persoal da Pysbe estaba composto case na súa integridade por mulleres, unha situación pouco común na época, e en Peninsular Maderera emprendeuse “unha das folgas máis longas da historia de Galicia”, explica. Durou 37 días. Ámbolos dous procesos desenvolvéronse antes das protestas sindicais de 1972 (nos que morreron dous obreiros de Bazán).
“Son dúas empresas que daban un trato bastante malo ós traballadores, incluso para a España dos anos 60”, explica Barrera. Teñen tamén como particularidade que o seu cadro de persoal non é herdeiro dunha tradición obreira anterior e, sen embargo, nun determinado momento histórico, “experimentan unha toma de conciencia de clase moi acelerada”, que desemboca, a finais dos 60 e comezos dos 70, en protestas que tiveron un amplo apoio social na cidade, chegando a facerse recolecta para apoiar ós obreiros en folga. É un proceso que interesa a Barrera e que se explica, tamén, pola influencia do movemento sindical desde focos tan potentes como o do estaleiro.
“Inflúe bastante a xente de Bazán, que xa estaba en CC.OO., e que entra en contacto con estas plantillas e axúdanas. Nunha cidade na que non existira Bazán, estas reivindicacións laborais quedarían seguramente en explosións de ira que se irían diluíndo. Pero as folgas gañáronas e as empresas déronlles o que querían”, comenta Barrera.
Antes deste “final feliz” houbo despedimentos e xuízos do Tribunal de Orde Pública pero o que lembran agora os obreiros destas empresas xa desaparecidas (cuxo nacemento e fin percorre tamén o autor) é, sobre todo, a dureza das súas condicións de traballo e incluso o aberto desprezo co que din que eran tratados.
“Traballo e Solidariedade na Peninsular Maderera e Pysbe” preséntase mañá ás oito da tarde no centro cultural Carvalho Calero. O acto -e o libro- está promovido pola asociación Fuco Buxán. No Ensanche estarán o autor e tamén Germán Castro -actual director de Diario de Ferrol e que viviu a folga como traballador de Península Maderera-, de Ignacio Fernández Toxo -secretario xeral de Comisións Obreiras- e de Francisco Varela -xornalista de La Voz de Galicia-.
1 comentario:
Acá estoy... apunto de ver tu blog..
pido ayuda a ti Suso para que me digas como hago para poner el video del zapataso a Bush!! jeje ta buenisimo, bicos como dices tuu
Publicar un comentario