SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
Reunido de urxencia o Comité Cidadán de Emerxencia para valorar as noticias que anuncian o posibel nomeamento de Francisco Silva Castaño (Director Xeral de Forestal del Atlántico), como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, nos diriximos a vostede e manifestamos o seguinte:
1º.- Que Francisco Silva Castaño é Director dende hai mas de dez anos da empresa ”Forestal del Atlantico” coñecida pola vulneración sistemática das leis medioambientáis que afectan gravemente a Ría de Ferrol (recheos ilegais, enterramento de verquidos, falsificación de datos, etc.)
2.- É coñecida a oposición de Francisco Silva Castaño a iniciativa do Porto Exterior por parte da Administración Pública, para xustificar así, os recheos ilegais, poder implantar a planta de gas e que os tráficos nocivos e perigosos se mantiveran no interior da ría de Ferrol.
3.- Dende o ano 1998 está aberto un sumario pola venta ilegal de gasoil de importación, que saía dos depósitos de Forestal. Este sumario foi aberto polo xuiz D. Alejandro Morán Llorden, tras o traballo de investigación da Garda Civil, denominada “Operación Remolque”.
4º.- Esta persoa é coñecida ademáis como impulsor e asinante do proxecto básico da planta de gas de Reganosa, iniciando un proceso de triquiñuelas, falsificacion de datos para facilitar coa complicidade das administracions o sortear a lei e acadar a aprobación do mesmo.
3º.- A Planta de Gas de Reganosa é unha instalación ilegal e perigosa que ameaza á población de Ferrolterra e acelera a destrucción do ecosistema da Ría de Ferrol. Os Tribunáis de Xusticia teñen admitidos a trámite doce contenciosos en contra. Así mesmo o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia xa fallou por tres veces anulando a tramitación ambiental de Reganosa.
Por último, este Comité Cidadán expresa o seu rexeitamento a que unha persoa con estos antecedentes e ligado a unhos intereses privados como os citados, que ademais incumpliría a Lei de Incompatibilidades de personal ao servicio das Administracións Públicas– en función da concesión marítimo-terrestre que ten outorgada e os cánons derivados dela, dependentes ambas das decisións da Autoridade Portuaria- poida ser barallado e menos nomeado Presidente dun Ente Público, encargado de velar polos intereses xerais e a defensa da legalidade. Sería como poñer ao raposo o coidado das galiñas.
Por todo elo, nos diriximos a vostede como Presidente do Goberno Galego para que se nomee a unha persona de probado respeto á legalidade e os intereses xerales.
Ferrol a 29 de maio de 2009
Manuel A. Rodriguez Carballeira
Coordinador do CCE
No hay comentarios:
Publicar un comentario