13 ene 2010

Carta a Miramontes de un camarada en Uruguay

Amigo e tocaio : Emocioneime o ver a nota do xornal sobor do compañeiro e camarada Fernando Miramontes, e saime isto daquel recordo e a voa pluma...Usao como ti vexas. Apertas e sauda os amigos compartidos !!
Velahí :
A propósito de Fernado Miramontes :
Pareceme acaida a nota do xornal sobre a figura de Fernando Miramontes, eu estou ledo mesmo de velo nesta foto ( Vexo que pode ser Torregrosa que esta a seu caron ).
Non teño ningún problema en recñecer que Fernando foi para min un referente ético de compromiso, militancia e honestidade.
O marxe do que xa cantaba Marela Ven naquela cantiga de carnaval : “Hai Fernandiño, hai Rafael que lio armastedes no PC...” A esquerda loitadora e combativa sempre tivo un refente nesta cidade...Amosouse ca sua reentre dando unha man nas pasadas municipais !.


Boto de menos aqueles tempos de claridade de obxetivos, e de camaraderia , compañeirismo a proba permanente.
No persoal agradezo aquel compromiso o lado de Miramontes, Loureiro, Aneiros , Rafael, Amor , Rioboo, Paco Balon ..e alguen querido e admirado para min, outro dos bos e xenerosos Eugenio Pereiro o “uruguaio”, pero nado no Trece... Algo contribuimos a superación da Longa Noite, a o sindicalismo e a conquista das libertades…Nunca renegarei do que supuxo de enriquecemento persoal , (digo no eido intelectual, xa que no crematistico bastante caro nos saeu…) a militancia o lado de estas xentes, e que ninguén pense que por non nomealos sexa olvido…Lembrome de mulleres e homes daquelas horas, algúns mesmo chegando o heroismo…Si foron heroes de carne e oso naquelas circuntancias !!.
Polo demais e en canto a ese mote do que na nota fala Paco Varela, non eximo a miña responsabilidade : Nunha carga na Plaza do Callao, os que safamos rematamos no Meirás, Novo Dique e Queimada…Controlando o que pasaba en Comisaria e dende unha esquina vemos a Miramontes…Eu dixen : Mesmo controla como un gavilan…De estas batallitas foi quedando o de “Gavilan “ termo cariñoso e de admiración que logo nas nosas tertulias falabamos…En Oslo, na Rúa do Sol…
Desto poden dar fe : Pepe e Arturo Loureiro, Cesar Bedoya, o mismisimo e benquerido Ramiro Tenreiro, Mansi Gil, Fernado “Nani” Casiano…
Dende esta mañan montevideana, volto a eses momentos nos que un non pode volver á máquina do tempo e correxir erros, pero queda para a nosa historia persoal e colectiva que o fixemos con convicción e dando o mellor de nos… Con entrega e honestidade !!
 
Con agradecemento por manter viva a memoria !! Para os que poden leer isto e cun recordo imborrable dos que xa nos deixaron, e que non dubidedes : SEMENTARON E DEIXARON SEMENTE !!
Xesús Gómez MIÑO

No hay comentarios: